Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: En cifras
 En cifras 

En cifras

  • Compárteo

En 2013 cúmprense 50 anos da entrada en funcionamento do embalse de Belesar. Trátase da maior construción hidráulica de Galicia, cunha capacidade de 654 hm3 e unha cola de 50 km.

A construción do embalse supuxo anegar case 2.000 hectáreas de terreo fértil e a desaparición baixo as augas do pobo de Portomarín, que se reedificou cerca da súa antiga localización. O embalse toca terras dos municipios de Portomarín, Taboada, Paradela, O Saviñao e Chantada.

A súa posta en servizo foi en febreiro de 1963, con inauguración oficial en setembro dese ano.

A Potencia acreditada é de: 313,7 MW

Cada ano produce de media 732GWh de enerxía hidroeléctrica.

Detalles: A presa conta con bóveda de dous estribos de gravidade. É obra do enxeñeiro coruñés Luciano Yordi de Carricarte, autor de numerosas presas en Galicia. Por outro lado, o edificio de control da central eléctrica é obra do arquitecto Juan Castañón de Mena. O embalse foi promovido para abastecer a central hidroeléctrica operada por Fenosa, hoxe baixo a propiedade de Gas Natural.


RESUMO DE DATOS HIDROLÓXICOS  

Superficie da bacía (km2): 4000,000

Achega media anual (hm3): 3154,000

Precipitación media anual (mm): 1300,000

Avenida de Proxecto (m3/s): 4000,000

Tipo de Presa: Bóveda

Altura desde cimentación (m): 129,000

Lonxitude de coroación (m): 500,000

Cota coroación (m): 332,000

Cota cimentación (m): 203,000

Cota cauce (m): 205,000

Volume corpo presa (1000 m3): 735,000

Nº de desaugues: 001

Capacidade desaugue (m3/s): 160,000 -

Nº de aliviadeiros: 002

Capacidade aliviadeiros (m3/s): 1800,000 - 2000,000

Regulación: Comportas. - Comportas.