Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: CHMS: xestión e funcións
 CHMS 

CHMS: xestión e funcións

  • Compárteo

A Confederación Hidrográfica do Miño Sil: XESTIONA OS NOSOS RECURSOS HIDRICOS


Obxectivos

  • A xestión do recurso auga

  • A administración do Dominio Público Hidráulico

  • A elaboración, control e actualización do Plan Hidrolóxico

  • A construción e explotación de infraestruturas hidráulicas


A CHMS controla a calidade das augas superficiais e subterráneas (ríos, encoros, lagoas, brañas, etc) Dispón dunha rede de Estacións Automáticas de Alerta que controlan parámetros en tempo real.

O Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) controla en tempo real variables climáticas e hidrolóxicas e permite facer previsións a curto prazo para minimizar danos causados por avenidas e asolagamentos e optimizar o uso dos recursos para abastecemento, regadío, produción hidroeléctrica ou mínimos ambientais


Obxectivos ambientais

  • Previr o deterioro do estado das masas de auga e protexer, mellorar e rexenerar todas as masas de auga superficiais e subterráneas e acadar o bo estado das mesmas

  • Reducir progresivamente a contaminación e eliminar ou suprimir gradualmente os verquidos, emisións e fugas de sustancias perigosas


Participación pública

A CHMS pretende incrementar o coñecemento dos cidadáns sobre temas relacionados coa xestión da auga, logrando o compromiso da sociedade na xestión sostible da auga, abrir canles de comunicación coa cidadanía e educar e sensibilizar sobre os temas relacionados coa súa xestión.


www.chms.es