Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño (Paradela)
 Románico 

Mosteiro de San Facundo de Ribas de Miño (Paradela)

  • Compárteo

O conxunto que integra o templo parroquial e casa reitoral deste antigo priorato cisterciense foi declarado monumento nacional en 1982. En 1997 foi restaurado, merecendo esta actuación o premio do Colexio de Arquitectos de Galicia ao mellor proxecto de restauración. Este mosteiro é considerado unha obra de transición en tanto que posible primeira manifestación gótica na península. A súa bóveda álzase sobre seis arcos de pedra cara a unha clave a 5,3 metros de altura.

A súa fundación data do ano 1120, nado para acoller os peregrinos que viaxaban a Santiago e xorde dunha curiosa historia. Pouco antes, en 1116, dona Urraca, raíña de León e Castela, ordenara derribar a ponte de Portomarín no seu tirapuxa co Arcebispo Xelmírez. É entón cando a orde beneditina se instala cerca do Miño nunha zona idónea para axudar a cruzar en barcas aos peregrinos que ían e viñan de Compostela, fundando ao tempo o mosteiro.