Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Igrexa de San Vitorio de Ribas de Miño (O Saviñao)
 Románico 

Igrexa de San Vitorio de Ribas de Miño (O Saviñao)

  • Compárteo

Está datada na segunda metade do S.XII. Construída en planta rectangular de nave única e ábsida tamén rectangular, con fachada a dous corpos. A súa portada consta de tres arquivoltas en arco de medio punto, con roscas adornadas en rosetas circular e cunha cenefa de follas. Os seus tres pares de columnas finalizan en capiteis con detalles vexetais mentres que o tímpano aparece liso e caleado disposto sobre discretas mochetas de rolo. A igrexa conserva unha cruz parroquial en prata ademais de retablos diversos con imaxes.

Doutra banda, nesta igrexa consérvanse ademais varias tallas esculpidas nos séculos XVI e XVII que proceden da antiga capela de Porto, tamén de orixe románica pero anegada coa creación do embalse.