Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Igrexa de San Fiz de Asma (Chantada)
 Románico 

Igrexa de San Fiz de Asma (Chantada)

  • Compárteo

De orixe románica con reformas. No interior ten un arco triunfal de medio punto, dúas lápidas sepulcrais e pedra de armas con data de 1619 no presbiterio. O muro sur conserva unha fiestra de medio punto con aspilleira no van, arquivolta de baquetón con perlas na escocia e capiteis con motivos vexetais. Frontis sinxelo, portada adintelada e rematado en espadana de dous vans, o superior con remate en florón.