Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Mosteirovello: Igrexa de Santa María de Castro de Rei (Paradela)
 Románico 

Mosteirovello: Igrexa de Santa María de Castro de Rei (Paradela)

  • Compárteo

O propio nome do lugar alude á súa primitiva localización monacal da orde beneditina, anterior ao S.XII, trasladada posteriormente para constituírse en abadía independente vinculada á orde cisterciense.

Á morte do último abade independente, o abade Pradomao, convértese en Priorato baixo a dependencia da abadía de Montederramo. Afonso VII entrégalle a Orde do Císter. Afonso IX faralle diversas concesións reais ao mosteiro e visitarao persoalmente en 1228. Da igrexa primitiva só se conserva a ábsida da epístola, parte dos muros e outros restos. No interior hai restos de pinturas dos séculos XV e XVI e un capitel prerrománico.