Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Camiño de Inverno
 A Compostela 

Camiño de Inverno

  • Compárteo

En épocas invernais, os peregrinos a Santiago evitaban ás veces as neves do Cebreiro entrando a Galicia pola bacía do río Sil e atravesando o Miño ao sur do Camiño Francés. Esta ruta xacobea alternativa recibiu por este motivo o nome de 'Camiño de Inverno'.

O itinerario accede á Ribeira Sacra desde a localidade leonesa de Ponferrada aproveitando unha vía romana que unía a explotación aurífera das Medulas coa Vía XVIII. Atravesando a bacía do Sil no sur de Lugo, o túnel de Montefurado, Monforte e cruzando o Miño entre O Saviñao e Chantada, na contorna próxima de onde hoxe se levanta o Embalse de Belesar. A baixada e subida polos chamados Cóbados de Belesar, restos de vella calzada romana á beira do Miño, son xustamente un dos tramos de maior desafío para o peregrino nesta ruta pero, á vez, tamén de maior beleza.

A continuación, a ruta ascende ata a Serra do Faro e penetra a comarca do Deza cruzándose co Camiño do Sueste e seguindo camiño a Santiago.

Este itinerario foi posto en valor e promocionado en anos recentes por varios colectivos dos municipios por onde atravesa e atópase na actualidade esperando o proceso burocrático que o oficialice como itinerario oficial do Camiño de Santiago.


Recomendamos consultar: