Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Igrexa de San Pedro
 Patrimonio 

Igrexa de San Pedro

  • Compárteo

Estamos diante doutro xoia arquitectónica de orixe románica que foi trasladada ao novo Portomarín. A súa construción data do século XI aínda que non será consagrada polo bispo lugués Rodrigo II 1182, feito que quedou gravado no tímpano da porta principal.

A historiadora Belén Castro explica que a decisión de manter a capela no novo poboado, proxecto pilotado por Pons Sorolla, desencadea o traslado parcial da súa fábrica por non considerala de valor suficiente na súa totalidade. Con iso, conséguese un aforro económico nos traballos de desmontaxe e procúrase unha maior pervivencia do monumento coa renovación completa da súa fábrica.

Os elementos trasladados son a fachada barroca coa portada románica, e o mausoleo da familia Pimentel, situado no lado do Evanxeo do presbiterio. O resto do edificio eríxese de nova execución en mampostería de lousa vista ao exterior, con perpiaños en recercados de ventás, zócalos, cornixas e esquinais. No interior a cachotería dos paramentos revístese, para darlle uniformidade, con enlucido a base de morteiro de cemento e branqueo ao cal, e o perpiaño disponse, ademais de nas zonas citadas, na rosca do arco triunfal.

O xornalista Francisco J. Gil subliña no seu libro sobre Portomarín que “daquela igrexa orixinal non queda máis que a portada principal de tres arquivoltas semicirculares que se apoian sobre capiteis moi ben labrados, contrastando así a sobriedade que caracteriza ao románico na súa factura construtiva coa xenerosidade ornamental que acompaña este tipo de elementos, sempre que a calidade da pedra o propicie, como é o caso”

No seu interior alberga un sepulcro de pedra do Marqués de Bóveda e un fermoso retablo do século XVI.