Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Pazo de Berbetoros
 Patrimonio 

Pazo de Berbetoros

  • Compárteo

O vello Portomarín foi terra de fidalgos e como tal lugar de pazos. O Pazo de Berbetoros é un exemplo. Construído a principios do século XVIII foi trasladado ao seu novo emprazamento conservando a súa característica solaina. A liñaxe dos Berbetoros é a dunha familia nobre que nos séculos XVII e XVIII tivo numerosas propiedades en Portomarín e incluso nos municipios limítrofes.

A familia Berbetoros emparentou cos marqueses de Bóveda de Limia por iso nalgún documento a casa é chamada “pazo da marquesa de Bóveda”. Propiedade do Bispado de Lugo, o inmoble foi elixido como residencia de verán polo que fora bispo da diocese lucense entre 1961 e 1979, o navarro Antonio Ona de Echave