Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Pazo do Marqués de Paredes
 Patrimonio 

Pazo do Marqués de Paredes

  • Compárteo

Esta casa grande coñecida tamén como a do “Xeneral Paredes” ou do “Conde da Maza” é un dos mellores exemplos da arquitectura civil do vello Portomarín. Felizmente, o edificio foi trasladado ata o centro da vila nova para integrar a nova Casa do Concello.

A casa, construída ao longo do século XVI, está construída con granito e cachotaría de lousa do país. O edificio está escoltado por dúas torres que sobresaen sobre o corpo central do pazo e que lle dan unha evidente maxestuosidade.