Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Tesouros arqueolóxicos
 Patrimonio 

Tesouros arqueolóxicos

  • Compárteo

Portomarín ten un notable patrimonio arqueolóxico que mostra que homes e mulleres habitaron estas terras dende hai milleiros de anos. É esta unha zona de importantes asentamento de mámoas ou medorras que aínda hoxe son facilmente visibles nos montes de O Cristo e de San Antonio.

A isto súmase a pegada da cultura castrexa. A máis excelsa mostra está fóra da capital pero dentro aínda dos límites do municipio: o xacemento de Castromaior. O asentamento castrexo está enriba dun outeiro que domina o territorio e o Camiño Francés decorre polas súas inmediacións. O emprazamento, moi ben conservado, é un poboado de máis de catro hectáreas que mantén as súas defensas e as súas edificacións interiores. Quen se achegue a el atopará unha das principais xoias da Idade de Ferro en Galicia.