Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: In Memóriam: O Portomarín vello
 Recordos 

In Memóriam: O Portomarín vello

  • Compárteo

*Artigo de Eloy Rodríguez (ex alcalde de Portomarín)

Estes días cúmprense os 50 anos (1962-1963) da inundación por augas do encoro de Belesar de once núcleos de poboación do municipio de Portomarín e véñenme á memoria todos os veciños que sufriron as terribles consecuencias de tal ocupación, facendo desaparecer para sempre a súa historia, as súas vivendas, as súas fértiles veigas e todo o que ao longo de moitos séculos se fixera nos lugares ocupados do vello Portomarín.

Quero lembrar neste momento os prantos e a desesperación así como a total impotencia de todas as familias afectadas xa que, como todos recordamos, eran épocas diferentes onde a lei non se ditaba, impoñíase e as grandes empresas asoballaban dicindo entre outras cousas: “Temos a tixola ben collida polo mango”

Empezo polos veciños de Amieira: Casa Bautista, Casa da Tangueira, A Ramona e seguindo augas arriba os catro veciños de Sabadelle: Meco, Táboa, Méndez e Supenedo; ao veciño da casa de Hermida: señor Francisco; a todos os veciños do fértil val de Seixón (Sabadelle): Forxa, Facundo, Fernando, Puga, Cachón, Rodríguez, Toco, Xorxe, Queitán, San Cibrao, Barqueira, Perucho, Narciso, Souto Novo, Salvador, Pereira, Pombal, Xan Manuel, Seara, Casilda, Miralde, Crisante e Francisco.

Seguen os veciños do rico núcleo de Ferreiroá: Batán, Damián, Cesáreo, Puntilleira de Arriba, Puntilleira de Abaixo, Plácido, Souto, Ramona, Penela, Estrella, Pilar, Ferraduras, Andresiño, Cifuentes, Santos, Calzada, Encarnación, Cachón, Arias, Rey, Perdigueira e Castrolovirxe.

Tamén lembro os veciños de Aceña e da fábrica da luz da vila.

Agora os veciños da vila de Portomarín. Na Rúa Nova: A murúa, Coxiño, Elena, Dublé, Joto, Javiera, Médico, Avelina, Mariano, Félix do Carruzo, O Pepiño, Victorino de Pisco, Benito Panadeiro, Cabanas, Pepe de Berto, Vilarregenga, O Carpinteiro, O Forno, O Conde de Taboada, Merelle, Alberte, O Forestal, o señor cura, O Sarxento, O Diego e A Margarita.

No Campo da Feira: Catón, A Clotilde, José Villarbasín, Zarralleiro, Manuel San Roque e Confitería Carro.

Na rúa Santa Isabel: Costa, Eugenio Zapateiro, Pepe do Xastre, Victorino, Cabanas, Ramiro de Costa, Elena Taboada, Ribeira, O Xastre Supenedo, Casa da Ferreira, Albarado, O Carpinteiro, Salazán, Antonia de Bolos, Severino Pedrouzos, Segundo, Blanco, María López, María Leda, O Penoso, O Plaza, Varelo, Fino, Café España (Rigueira), Constantino Patrón, Pepe Lama, O Paramés, Casa Patrón, Francisco Norberto, Pimpinilla, Albarado, Casa do Concello, O Carruzo, Pacios, A Chocolateira, Ramiro de Serra, Casa Quiroga, Pepe Café, Supenedo e Cándido Rigueira.

Na Praza Porticada: Pereira, Celestino, Martiño, Chatolero, Emilio de Gómez, Serafín da Plaza, José Celestino, A Baralloa, Arenas e Jesús Carracho.

Na rúa Riotorto: Antonio Redondo, Bolos, Salvador, Jesús dos Celos, Benjamín, Glorio, Gordo de Santiago, O Conexo, José Albardeiro, Antonio de Blanco, O Taboada, Natividad, O Cacharulo, Jesús Carracho, A Elena, Sindo Molidao, Perucho, Carpinteiro, Estanco, Droguería, A Catona, Gerardo de Pisco, Liberato, Perico Grande e Perico Pequeno e Farmacia.

Na rúa Outeiro: Benita, Cesteiro, Tarsicio, Trus, Carballido, Blanco, Baralloa, e Barraco.

No Camiño de Santiago e Leiriña: Maduro, Barbeiro, Corredoira, Patatín, Putero, Gordiño, Bemba, Fermín (O Xuíz) e o Forno da Visita.

Na Zona das Bodegas: Vilamerelle, O Muíño, Jesús das Agullas, Norberto, Plaza, Celestino e Maduro.

No barrio da Ponte: Antonio Cabanas, Café José Ramón, Corredoira, Cruz, Zazar, Navallos, Esdulce, Reñoá, Francisco Xastre, José Relojero, Chuta, Antonio Taboada e Higón.

En Casas Baratas: Ferreiriño, O Triunfo, Cándido Baratas e O Barán.

No barrio do Malecón: Juan Aira, Patrón, Señora de Albarado, Colexio-Concello, Benigno de Patrón, Café Supenedo, Pepe do Café, Antonio Plaza e Manuel Plaza.

Na parroquia de San Pedro: Vista Alegre, Manuel Nicolás, Nogueira, Bautista, Bar do Ferreiro, Lucas, Bidulo, Ricoina, Ribeira, Barcelona, Irene, Tatota, Labrador, Xorxe, Vila, Pallares, Catarito, Avelina Martiño, A Marquesa, Manuel Labrador, Jesús Ribeira, Casa Cuartel, Gondrame, A Carriza, Casa Berbetoros (Rectoral), Borraxeiro, Parra, Arenas, Ricardo do Joto, Camilo, Comercio de Ribeira, Casa Ferreiro, Santa Mariña, Pepa, Angelita e o Parrocha.

Non hai que esquecer tampouco O Mosteiro, Os Caneiros e no lugar de Cebres: Lazarín, Casa Julio e O Caminero.

Participei en 1957-58 na medición de parcelas que se ocuparon polo encoro e na construción da nova vila. Fun testemuña das loitas entre Fenosa e os veciños que, derramando bágoas e sufrindo o indicible, tiveron que ceder diante da gran presión exercida polos directivos da devandita empresa. Entre os máis conflitivos poderiamos citar o perito: señor Gay; o topógrafo: don Agustín del Río e o avogado: señor Sanz. Tamén é de xustiza resaltar que, unha vez pasados os duros anos iniciais, foron grandes valedores a prol do crecemento de Portomarín. Ademais quero salientar o gran labor do enxeñeiro Manuel Blas e a Benigno Quiroga (vicepresidente da empresa) que, á vez que visitaba Portomarín, solucionaba o problema de moitas familias.

*Artigo publicado polo ex alcalde Eloy Rodríguez na sección de Comarcas de El Progreso o 23 de xaneiro de 2013


Servizos e negocios do vello Portomarín:

Campo da Feira:

-Bar “Clotilde”.

-Taxi-Zapatería-Bicicletas “Rivas”

-Hojalatero: Domingo

-Fábrica de fuelles “ao por maior”

-Bodegón San Roque.

-Fábrica de pasteis e melindres Ángel Carro.

-Casa de Comidas “Aira”.

-Fábrica de zocos “Indalecio”.

Rúa Nova:

-Reparación e fábrica de zapatos “Coxiño”

-Panadería “Avelina”

-Polbeira e Panadería “Serrano”.

-Casa de Comidas “Berto”.

-Reparación e venda de calzados “Eugenio”

Rúa Santa Isabel:

-Casa de comidas “Victorino”

-Ultramarinos e calzados “Casa Costa”

-Fonda “Ferreira”.

-Carpintaría “Sandomil”.

-Mercería “Pimpinilla”.

-Ferraxería “Segundo”.

-Café “España”.

-Ultramarinos “Rigueira”.

-Xastrería “Supenedo”.

-Correos.

Praza Porticada:

-Calzados “Pereira”.

-Café “Colón”

-Tecidos “Celestino”

-Tecidos “Carracho”.

-Ferraxería “Redondo”

-Casa de comidas “Martiño”.

-Fonda “Paradela”.

Rúa Riotorto:

-Ultramarinos “Redondo”

-Fonda “Bolos”.

-Mercería “Julio”

-Funeraria “Carracho”.

-Carpinteiría “Zazar”.

-Fonda e estanco “Manchego”

-Droguería “Carballas”

-Mercería e tecidos “Benxamín”.

-Bar e bicicletas “Florio”.

-Zapatería “Esdulfe”

-Coiros e guarnicioneiría “José”

-Fábrica de zocos.

-Reloxería “Liberato”.

-Zapatería, tecidos e funeraria “Yáñez”.

-Farmacia “Pilar Ouro”.

-Ferreiro “Perico”.

-Bar “Paramés”.

Camiño de Santiago:

-Perruquería “David”.

-Panadería “Gerardo”.

-Muíño de “Liberato”.

Rúa Outeiro:

-Fábrica de cestos “Ribó”

Barrio da Ponte:

-Café “José Ramón”.

-Reloxería “Clemente”.

-Bar “Cruz”.

-Ultramarinos e fonda “Zazar”.

-Carpintaría “Reñoá”.

-Xastrería “San Roque”.

-Reloxería “José Ramón”.

-Fotógrafo “O Chute”.

-Ultramarinos, bar e electrodomésticos “Tabadés”.

-Salón de baile e Taxi “Higón”.

-Carpintaría “Navallos”.

-Ferreiro “Antonio”.

Malecón:

-Ferraxería, abonos e sal “Constantino Folgueira”.

-Bar “Supenedo”.

-Fonda “Plaza”.

Barrio de San Pedro:

-Zoqueiro “Navallos”.

-Ferraxería e bar “Bautista”.

-Casa “Ferreiro”.

-Bar e ultramarinos “Parrocha”.

-Tecidos “Riveira”.

-Ultramarinos, bar e fonda “Borraxeiro”.

Tiña o vello Portomarín:

-Casa do Concello.

-Xulgado de Paz.

-Dous médicos. Dón Félix del Corral e D. Eliseo Pallares.

-Unha practicante/comadroa

-Tres mestres.

-Veterinario.

-Garda Forestal.

-Gardarríos.

-Cuartel da Garda Civil.