Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Antonio González 'Pirucho'
 Recordos 

Antonio González 'Pirucho'

  • Compárteo

Antonio González naceu en Seixón, outro dos núcleos que desapareceu baixo as augas do encoro, mais con dez anos trasladouse coa familia para o vello Portomarín. Toda a súa vida decorreu entre Asturias, onde traballou máis de tres décadas na minería, e o seu Portomarín natal, a onde non dubidou en volver unha vez xubilado.

Antonio foi un músico popular con maiúsculas. Aprendeu solfeo no Portomarín vello cun mestre asturiano que cre viña fugado despois da guerra. Logo sería un músico habitual nas festas da comarca e de toda a provincia, tocando o trombón de varas con diferentes orquestras luguesas. A súa paixón acompañaríao a Asturias, onde obtivo praza na Banda Municipal de Avilés.

Do vello Portomarín lembra unha anécdota que ten como protagonista a súa nai: “Cando se inundou a vila miña nai sentou nunha beira a mirar. Pasou por alí un xornalista moi coñecido, Trapero Pardo, que lle preguntou que facía. Ela respostou que estaba vendo como marchaba a súa casa”. Aquela historia humana inmortalizaríaa o afamado xornalista lugués.