Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: José López López, 'Pepe Pereira'
 Recordos 

José López López, 'Pepe Pereira'

  • Compárteo

Nacín na parroquia de Seixón en 1929. Comecei na fotografía o ano 1952, e dediqueime profesionalmente ata 1972. Isto coincidiu co asolagamento e traslado do vello Portomarín. Quixen apreixar coa miña cámara a paisaxe, as casas, as xentes e a forma de vida dun pobo que miraba sempre ao río. Sabía que cando chegase o encoro, todo aquilo desaparecería. A memoria fotográfica pode axudarnos, aos que vivimos, a lembralo, e ás vindeiras xeracións, a coñecelo. Aló embaixo están as nosas raíces. E non existe nada se non temos memoria e lembranzas”