Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Concello de Taboada
 Taboada 

Concello de Taboada

  • Compárteo

Poboación: 3221 habitantes (2012)

Superficie: 146,7 km²

Densidade: 21,96 hab./km²

Do latino “tabulatus, tabulata, tabulatum” (=chá) xunto co terra, terrae, xorde o topónimo de Taboada, esta terra cha, mais non só, xa que se estende desde as inmediacións das Serras do Faro e da Pena Forcada e os montes de Vacaloura deica o Val do Miño, a onde levan as súas augas un abano de fluentes como é o río Moreda.

Ao fío lembramos que no seu día e logo da construción do encoro de Belesar, as augas do Miño anegaron as aldeas de Mourulle, Ribó, Santa Marta e Portomeñe, xunto coa Ponte Fortes, construída en 1945.


A súa xeografía está sementada dun feixe de capelas e igrexas, moitas de orixe románica. No apartado adicado ao románico desta web dase conta das máis importantes. Pero ademais, o seu patrimonio inclúe muíños e pazos de moito interese para os visitantes, así como diferentes vestixios arqueolóxicos de relevancia: sartegos aparecidos cerca de a Igrexa de Campo; Pena do Sino; castro de San Lourenzo; Pena dos Mouros, cerca do castro de Friamonde; castro de Cumbraos; Fonte da Mama (Meixonfrío); As Medorras (Sabugueiras) Alto das Torres; castros de Moreda, etc

Festas a Salientar

A 'Queima das Fachas' é unha singular tradición recuperada en anos recentes na parroquia de Castelo. Decenas de antorchas, armadas con arbustos da zona, arden lentamente en círculo ao son da festa e a música tradicional. Festa de Interés Turístico que se remonta aos tempos dos druídas, celébrase a comezos de setembro. Información: http://www.asfachas.org/

O domingo de Entroido música e gastronomía para a Festa do Caldo de Osos

As patronais de Taboada celébranse no mes de agosto

No segundo domingo de xuño son festas en San Xián do Campo

As festas dos Remedios o 8 de setembro

E En San Pedro de Bembibre hai festa o 20 e o 30 de xuño


Para máis información, a web oficial do Concello de Taboada

www.concellodetaboada.es/

e tamén na web

www.concellodetaboada.com/