Embalse Portomarin Portomarín, camiños de auga e soños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: Concello do Saviñao
 O Saviñao 

Concello do Saviñao

  • Compárteo

Poboación: 4 314 hab. (2012)

Superficie: 196,55 km²

Densidade: 21,95 hab./km²

A localidade máis coñecida neste concello agrogandeiro é a súa capital, Escairón, se ben o norte do municipio ten núcleo principal na localidade de Currelos.

A mámoa de Abuime e os numeros castros que atopamos neste concello dan mostra da vizosa e temperá ocupación destas terras castrexas da tribo dos Lemavi. Do posterior paso dos romanos sobre o noroeste lucense quedou pegada importante na vía romana que cruza a zona deica a veciña Chantada. Crese que xa nos séculos VI e VII se asentaron os primeiros templos por estas terras dos que hai documentación diversa desde o S.X. No apartado correspondente ao románico nesta web podemos atopar referencias de interese, entre ellas, á máis importante mostra de románico na zona: o Mosteiro de San Estevo de Ribas de Miño.

Recomendámoslle aos viaxeiros facer parada na Fundación Xosé Soto de Fión, en Arxeriz, todo un referente na recuperación do patrimonio histórico-artístico, etnográfico e natural.

www.sotodefion.org/

Festas a salientar

As festas patronais de Escairón, en honra da Virxe das Dores, celébrase a primeira fin de semana de agosto

Outras festas son: a romaría dos Milagros de Aiaz, o primeiro domingo de xuño; Os Remedios, en Diomondi, o 22 e 23 de agosto; a Virxe de Guadalupe, en San Vitorio, a primeira fin de semana de setembro. O primeiro domingo de outono, en Fión teñen a Festa das Noces, e o 1 de novembro en Currelos a Romaría do Coto do Santo.

Para máis información, a web oficial do Concello do Saviñao

www.concellodosavinao.com/