Embalse Portomarin Portomarín, caminos de auga y sueños home conferencia hidroráfica del Miño-Sil Portomarin concello
Imaxe do panel: La construcción del embalse
 Historia 

La construcción del embalse

  • Compartir

50 anos dunha das maiores obras da época

En 2013 cúmprense 50 anos da entrada en funcionamento do embalse de Belesar. Trátase da maior construción hidráulica de Galicia, cunha capacidade de 654 hm3 e unha cola de 50 km.

A construción do embalse supuxo anegar case 2.000 hectáreas de terreo fértil e a desaparición baixo as augas do pobo de Portomarín, que se reedificou perto da súa antiga localización. O embalse toca terras dos municipios de Portomarín, Taboada, Paradela, O Saviñao e Chantada.

A súa data de posta en servizo é febreiro de 1963. A súa potencia acreditada: 313,7 MW. Ao ano produce de media 732GWh de enerxía hidroeléctrica. O embalse foi construído para abastecer a central hidroeléctrica operada por Fenosa, na actualidade integrada en Gas Natural. A presa conta cunha bóveda con dous estribos de gravidade. É obra do enxeñeiro Luciano Yordi de Carricarte. Ademais, o edificio de control da central é obra do arquitecto Juan Castañón de Mena.

Publicaba a prensa no verán de 1957 o inicio daquel desafío da enxeñería da época: “Deron comezo as obras do Salto de Belesar, á cola do dos Peares, que se converterá á súa terminación no máis importante de España e o de maior produción”. Os medios seguirían con atención o proceso, máis estreitamente a medida que se achegaba a súa finalización.

“Tan crecente demanda do mercado eléctrico decidiu a Fenosa a abordar novas obras da transcendencia do Salto de Belesar, cunha potencia instalada de 264.000 Kva., que proporcionará un incremento de produción de 1.100 millóns de kwh/ano”, recollía a prensa en 1960, contextualizando a construción deste embalse coas necesidades enerxéticas de “novas e importantes industrias” e citando a “Aluminio de Galicia S.A’ ou “Grafitos Eléctricos do Noroeste S.A”. Neses mesmos días, a promotora, Fenosa, satisfacía intereses aos compradores da súa recente emisión de bonos, 26,41 pesetas por bono. Por ese tempo, escribía o xornalista Borgonovo sobre a repercusión “nacional e internacional” da “moderna enxeñería” da recente presa do Eume. E ao fío, advertía que ese salto que tanto nos asombra” sería “un xoguete” á beira da “obra xigante” que se proxectaba en Belesar, unha iniciativa de “características realmente colosais”. “Belesar ten de ser o gran orgullo de Galicia”, subliñaba.

De visita na zona de obras, acompañado do barítono Antonio Campó, escribía Luis Caparrós en xullo de 1961:

(...) a través de esa aorta legendaria y salvaje que es el Miño, miles de hombres trabajan desde hace cuatro, cinco años, creando la obra seguramente más importante de la historia contemporánea del país. Una obra técnica, funcional, utilitaria, pero, al mismo tiempo, artesana, inspirada y llevada adelante por un sentimiento colectivo de creación perdurable que hace pensar en aquellas otras gentes gallegas que tantos siglos atrás levantaron la Catedral de Compostela, Samos, Sobrado...”

E é que certamente, a construción desta presa deixou fonda pegada na historia da comarca, onde milleiros de veciños participaron dun ou outro modo no proceso.

(...) ininterrumpidamente, de noche y de día, bajo la lluvia y el viento de invierno o el sol de verano, se afanan en un trabajo preciso, disciplinado, inexorable, incluso dramático. Porque de tarde en tarde por tajos y equipos, desde el poblado obrero hasta la zona de comprensores, en la profundidad entrañable donde los hombres perforan las rocas a cien metros bajo el nivel del río, en el polvorín, en los silos, en los secaderos, corren las voces endurecidas por todos los rigores: -Cayó un hombre. Fué en la cantera. Se olvidó de enganchar el cinturón de seguridad. Era de San Fiz.”

(...) extraño mundo en el que los hombres son simples liliputienses, miríadas de hormigas afanosas que, poco a poco, ganan la batalla a los elementos y oponen a la montaña el duro contrafuerte de esa gigantesca cáscara de hormigón armado .Yo quisiera creer que en todo esto no existe soberbia, (...) solamente una ambición sin límites y una fe absoluta en los valores humanos...”

A prensa da época repasaba fascinada as cifras: tres milleiros de traballadores, 135 metros de altura, 644 millóns de metros cúbicos de embalse, 380 mil metros cúbicos de escavación, central subterránea, galería de descarga de perto de quilómetro e medio de lonxitude, investimento diario de millón e medio de pesetas para un custo total de dous mil millóns, etc. O de Belesar “resulta abraiante” admirábase Jorge Víctor Sueiro. A inauguración oficial sería un 10 de setembro de 1963. Desde a altura dunha pena onde cultivara unha viña e tiña visto moitas veces o Miño “marcharse cara ao mar”, relataba o xornalista e escritor Luís Moure-Mariño nas páxinas do ABC en novembro de 1963, pouco despois da inauguración, sobre aquela forza do río que era “furia que baixaba sen bridas pola canle” convertida agora en “potencia disciplinada”:

¡Es bello el cemento, el hierro, las turbinas, las máquinas y todo aquello que redime al hombre de la esclavitud! (...) Del mismo modo que las presas ponen dique a las aguas, habrá de servir su fuerza para alimentar nuevas fábricas, crear puestos de trabajo y levantar firme muro a la triste riada de la emigración...”

E escribía Luis Caparrós, periodista de La Voz de Galicia:

Otra vez el Miño va a dar oro, como en los tiempos primitivos. El oro de una energía que irá paralela a la de los hombres que la hacen posible para la redención colectiva de un pueblo que tiene derecho a mejor suerte”